Skip to main content
A Fonsagrada

Comezaron as melloras da seguridade viaria no Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada

Por 3 Setembro, 2021Sin comentarios

Comezaron esta semana as obras de mellora da seguridade en tres puntos do Camiño Primitivo no Concello da Fonsagrada que conflúen con estradas autonómicas.

Os traballos son no cruce coa LU-740 á altura da Pobra de Burón, a uns dous quilómetros do núcleo urbano. Nesta zona estase a reforzar a sinalización e a pavimentar con pedra o treito do Camiño que enlaza coa vía.

En canto ás previsións para os vindeiros días, empezarán actuacións similares nun cruce coa estradas LU-530 situado no entorno de Vilardongo (San Xoán do Padrón); e desde o venres traballarase no entronque da ruta coa LU-701 na zona de Silvela. 

No municipio da Fonsagrada, hai previstas oito actuacións nas vías LU-740, LU-701 e LU-530 cun investimento total de 27.500 euros. 

Os proxectos fan especial fincapé no reforzo da sinalización, coa colocación de indicativos que advirten da presenza de peóns, elementos reflectantes, carteis que alertan de perigo ou balizas verticais cilíndricas na calzada.