Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

As pistas de Frigsa acollerán o Galicia Head Tour de tenis

Por 3 Setembro, 2021Sin comentarios

As novas pistas de Frigsa serán inauguradas coa celebración do torneo Galicia Head Tour, un circuito xuvenil organizado pola Federación Galega de Tenis, que se disputará nas categorías de Alevín, Infantil, Cadete e Junior masculino e feminino no que participarán máis de 150 deportistas, cunha alta porcentaxe de inscrición de tenistas lucenses.

O torneo terá lugar os catro fins de semana de setembro, sendo esta a última proba do circuíto, o reparto de premios e regalos total ascende a 12.600 euros en material deportivo.