Skip to main content
Lugo

O PP lucense presenta 4 eixos para mellorar a mobilidade

Por 3 Setembro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular pide ao bigoberno celeridade para deseñar os proxectos cos que optar á liña de axudas se publicaron no BOE o 23 de agosto a través do Ministerio de Transportes para crear zonas de baixa emisión, construcción de carrís bici e áreas peonís.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que para optar aos 1.000 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, a alcaldesa e o vicealcalde deberán presentar antes do 30 de setembro estes proxectos.  “Pedimos responsabilidade e axilidade nesta cuestión, así como consenso entre todos os grupos para estos proxectos” recalcou o edil popular. 

O vicevoceiro popular insistiu en que dentro do pacto de consenso para a recuperación de Lugo post pandemia que o Grupo Popular presentou esta semana se destacaba que “era vital chegar a acordos sobre onde canalizar os fondos doutras administracións” puntualizando que “o importante é que a combinación de proxectos que se preparen deben ter impacto e solidez no municipio, deben ser proxectos maduros e non unha ocorrencia dunha noite de verán”.

Dende o Partido Popular avanzan como ideas para desenvolver dentro do Proxecto de mobilidade sostible para Lugo concéntrase en catro eixos:

ACCIÓN 1

A creación dunha Zona de Baixa Emisión no entorno do Casco Histórico “que contribuiría á dar pasos para declarar Patrimonio da Humanidade o recinto amurallado de Lugo. Outra medida dentro deste paquete sería a de avanzar na peonalización impulsando o paseo interior da Muralla.

ACCIÓN 2

Proxectos enmarcados baixo o paraugas da unión da cidade co Miño como a creación dunha pasarela que comunica o Parque Rosalía, co Marcos Cela e o Paseo do Miño.

ACCIÓN 3

As accións desta liña están relacionadas coa mobilidade persoal co impulso á mobilidade saudable trazando dous eixos trasversais para poder desprazarse dunha punta a outra da cidade de forma segura tanto a pé como en bicicleta sen quitar aparcamento. A iluminación reforzada, pasos peóns e mellora seguridade vial. Avanzar en peonalizacións e zonas prioridade peonil nos barrios, mellora da accesibilidade, posta en marcha dun servizo de préstamo de bicicletas e patines eléctricos e habilitar os aparcamentos para  puntos de recarga para patinetes eléctricos, bicis e  motos. Fomento de vehículos, mobilidade de persoal (patinestes eléctricos, bicicletas eléctricas) e transporte colectivo.

ACCIÓN 4

As propostas deste eixo están relacionadas co transporte e os aparcamentos coa creación de plazas de aparcamento con puntos de recarga para vehículos eléctricos en toda a cidade e nos polígonos industriais. O acondicionamento de máis aparcadoiros disuasorios na cidade e estudar a adquisición de terreos privados para acondicionar estas infraestructuras porque tamén entra dentro dos supostos de posible financiamento.

Dentro da liña da multimodalidade propoñemos a creación de aparcamentos disuasorios no entorno de paradas de transporte urbano para fomentar o intercambio de vehículo privado transporte urbano. 

Dixitalización de transportes e mobilidade urbana (APP autobuses urbanos  e APP aparcamento e estado da circulación), actuacións de xestión intelixente, de tráfico, mobilidade e medio ambiente a través de ferramentas informáticas e instalación de sensores de medidores de tráfico e medio ambiente

Implantación dun sistema de rotación de aparcamento gratuito, e adquisición de vehículos para o control das infraccións e da rotación no aparcamento, uns sistemas para a ampliación, mellora e xestión de carga e descarga e transporte rural a demanda.