Skip to main content
Lugo

Rematadas as obras nas pistas do Palomar

Por 5 Setembro, 2021Sin comentarios

Finalizaron as obras de reforma do Polideportivo do Palomar, que o vindeiro luns, día 6, abre de novo ás súas portas aos usuarios. O acondicionamento supuxo un investimento de 116.735 euros.

A reforma abarcou o firme de todo o recinto xa que as pistas de baloncesto e fútbol sala presentaban un elevado grao de deterioro debido ás humidades do terreo no que se asentan, pero tamén polo uso intensivo que se fai das mesmas. Tamén actuaron nos equipamentos, destacando o cambio das canastras, e impermeabilizaron e pintaron as dependencias.