Skip to main content
Lugo

Convocan axudas para asociacións xuvenís e de recreación histórica

Por 5 Setembro, 2021Setembro 6th, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana as bases para a concesión de axudas municipais destinadas ás asociacións xuvenís e de recreación histórica no eido da xuventude para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial, de difusión, recuperación e recreación histórica da cidade de Lugo as cales contan cun orzamento de 10.000 euros.

“A mocidade é un dos sectores máis activos e dinámicos polos seus desexos de saber, coñecer e de cambio da realidade. Desta maneira, os nosos mozos e mozas, poden e deben xogar un protagonismo, sendo de vital importancia contar coa súa plena participación, por iso apoiar e colaborar coas iniciativas e proxectos que levan a cabo as asociacións dirixidas á xuventude é unha liña de actuación que desde o goberno de Lara Méndez apoiamos e o seguiremos a facer” explicaba o edil.

O obxecto e a finalidade da convocatoria leva unido as asociaciacións xuvenís ás de de recreación histórica, debido ao escaso tecido asociativo xuvenil que existe actualmente na cidade e as baixas solicitudes de subvencións por parte delas, “a finalidade da concellería de Xuventude traballa no aumento de dito tecido asociativo xuvenil, para a promoción, formación, integración social, actividades de lecer e tempo libre, etc dos xovenes do municipio” destacaba Repetto, concelleiro da área.