Skip to main content
Lugo

A Tradescola mantén aberto a matrícula para as aulas de música e baile tradicional

Por 6 Setembro, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

A Tradescola mantén aberta estos días a  matrícula para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, acordeón  diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e  linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

A Tradescola, o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional  galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo incorpora para o vindeiro curso a materia de acordeón diatónico, que será impartida polo mestre Alberte Núñez Martínez.

A Tradescola conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido  da música e do baile tradicional. A maiores de Alberte Núñez, encargado das aulas de  acordeón e acordeón diatónico, os mestres e mestras implicados no proxecto  educativo da Tradescola son: Bruno Villamor (aulas de gaita e requinta), Lucía  Eiros (aulas de linguaxe musical), Xabier Iglesias (aulas de baile tradicional e de  iniciación á música e o baile tradicional para nenos), Jose Manuel López (aulas de  gaita), Branca Villares( aulas de canto e pandeireta e pandeira), Roberto Rodríguez (aulas de canto e pandeireta), Germán Díaz (aulas de zanfona) e Miguel Anxo  López Buján (aulas de percusión tradicional).

A matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas ata o 17 de setembro nos seus locais na rúa Pintor Corredoira nº 4 de  Lugo no centro Lug2 ou no teléfono 982 229 966.