Skip to main content
Lugo

O PP acusa a Méndez de retraso no desdobramento de Infanta Elena

Por 8 Setembro, 2021Sin comentarios

O PP recrimina que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, “venda como un logro o inicio dunha obra que xa tiña que estar rematada”. Para os populares a visita da alcaldesa ás obras da avenida Infanta Elena é “unha burla aos lucenses xa que presumir de que vai comezar a obra desta infraestructura  cando os cidadáns xa tiñan que estar usándoa non deixa de ser unha tomadura de pelo”. 

Os populares cren que “con este tipo de actos se retrata o auténtico perfil da alcaldesa onde pesa máis o postureo que a súa capacidade de xestión”. Os populares non entenden “a neglixencia de Méndez á hora de poñer a disposición os terreos necesarios para esta obra o que provocou que a empresa contratada pola Deputación pedise a resolución do contrato polo que houbo que reiniciar o proceso o que supuxo novos retrasos”.

Os populares piden “menos triunfalismo e un mínimo de autocrítica á alcaldesa de Lugo” engadindo que “sen dúbida é unha magnífica nova que se inicien as obras do desdobramento desta vía de entrada a Lugo pero non é menos certo que esta infraestructura leva un retraso de cinco anos”.

Dende o Grupo Popular aseguran que “todo o que tocan as mans dos gobernos socialistas de Lugo supoñen eternos retrasos”.