Skip to main content
Lugo

Últimos días para solicitar as subvencións para a promoción da igualdade e o deporte feminino

Por 8 Setembro, 2021Sin comentarios

Últimos 10 días para solicitar as subvencións do Concello de Lugo para a promoción da igualdade e o deporte feminino, así como dos dereitos LGTBI+ . O Concello puxo en marcha estas axudas por un importe total de 32.100 euros.

Estas subvencións diríxense a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro, que desenvolven a súa actividade no eido da promoción da igualdade de xénero, no fomento do deporte feminino, ocio e actividades que fomenten a integración da muller ou na promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humanos en materia LGTBI+ e sobre diversidade sexual e de xénero.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro venres, 17 de setembro, inclusive, logo de que as bases foran publicadas no BOP o 28 de agosto.

Os interesados poderán optar a dúas liñas de subvención para a promoción da igualdade de xénero para o fomento do deporte feminino, ocio e actividades culturais que fomenten a integración da muller.

E tamén para a promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humanos en materia LGTBI+ e sobre diversidade sexual e de xénero.

Toda a información e documentación necesaria pode atoparse na web.