Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo reorganizará os accesos ao casco e as zonas de carga e descarga

Por 8 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo abordará a reorganización dos accesos ao casco histórico, as entradas e saídas, así como dos itinerarios e as zonas e os horarios de carga e descarga, que se porán en marcha cando comece a funcionar o novo sistema de control de acceso do tráfico rodado.

Este novo sistema, que consistie na substitución dos bolardos retráctiles actuais por cámaras de lectura das matrículas, permitirá axilizar as entradas e saídas dos vehículos no centro histórico e reducir a súa estancia nel, rebaixando, seguindo a aposta da rexedora por un Lugo máis ecolóxico, os niveis de contaminación medioambiental e de emisións de CO2, así como a contaminación acústica e de vibracións.

As cámaras de captura de matrículas, que tamén incorporarán de maneira automática o expediente sancionador de quen incumpre para evitar a picaresca actual, estarán instaladas en sete localizacións: rúa Villalba, Porta de Santiago, Porta Miña, Praza de Santo Domingo, Rúa Progreso, Praza da Constitución e Rúa Quiroga Ballesteros.

Os permisos de accesos manteranse como até agora cos residentes, preto de 3.000 existen na actualidade, así como cos vehículos de carga e descarga e os permisos especiais.

Para estudiar esta reorganización, o Concello convocou á Comisión de Tráfico para este venres, día 10, ás 9.00 horas, na que estarán membros do equipo local e técnicos municipais.