Skip to main content
Lugo

Colocada a primeira plataforma de accesibilidade do bus urbano

Por 11 Setembro, 2021Sin comentarios

Lugo conta xa coa primeira plataforma de accesibilidade do autobús urbano que se instala en Lugo, que facilitará o uso deste transporte público ás persoas con problemas de mobilidade.

Esta estrutura, situada fronte ao Mercadona da Ronda do Carme, será a primeira das once que se instalarán nas paradas de bus que se atopan na senda verde ciclista que está a executarse na cidade para interconectar oito barrios entre si e coa contorna do río Miño. Situaranse sete na Ronda do Carme, unha na Fonte dos Ranchos, outra na rúa Orquídea e dúas no Camiño Real.

Ademais de facilitar o embarque aos pasaxeiros, esta platafora considérase tamén un espazo sobre o carril bici que actúa como ponte entre a beirarrúa e a zona de espera do autobús, polo que o usuario gaña en seguridade ao ter preferencia sobre o ciclista.

Dos once armazóns, nove se mostran como un damero xadrezado para alertar ao ciclista de que o peón ten preferencia. As outra dúas plataformas, concretamente as do Camiño Real, son negras e non xadrezadas porque non pasan por riba do carril bici senón que se sitúan nunha zona de coexistencia e colmado de tráfico.

Ademais destas estruturas, instalaranse aparcabicis e marquesiñas aparcabicis, ademais de banco intelixentes.

A nova senda verde ciclista de Lugo terá unha lonxitude de 14 quilómetros e transformará a mobilidade dos oitos barrios que percorrerá: Paseo do Miño, Parque Rosalía, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Camiño Real.