Skip to main content
LugoQuiroga

O Club Piragüismo Cidade de Lugo organiza en Quiroga o campionato galego K2

Por 15 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga acolle en augas mestas o vindeiro sábado 18 de setembro o campionato galego de K2.

A cita, organizada polo Club Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo e na que colabora o Concello de Quiroga, comezará a partir das 11 horas, participando de forma escalonada cada 20 minutos as diferentes categorías. Por esta razón, a competición desenvolverase exclusivamente en horario de mañá.

Así mesmo, hai que sinalar que as categorías que compiten son prebenxamín, benxamín e alevín. Unha xornada chea de auga e emoción da que poder gozar do piragüismo base.