Skip to main content
Lugo

Unha brigada fai unha limpeza no Ceao a petición da asociación de empresarios

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

Un operativo especial de limpeza comezou a traballar no parque industrial do Ceao, intervención que se leva a cabo en atención ás demandas que nos fixo chegar a Asociación de Empresarios dos Polígonos.

O dispositivo mobilizado pola área de Medio Ambiente componse dunha brigada de cinco operarios que, provistos do material necesario, como poden ser varias sopladoras, e coa axuda de dous tractores, fan fincapé no aseo das beirarrúas e na retirada do lixo que se desbota de xeito incívico na vía pública.