Skip to main content
Axenda Caducada

Down Lugo organiza unha mostra fotográfica

Por 24 Setembro, 2021Setembro 30th, 2021Sin comentarios

A asociación Down Lugo organiza unha mostra fotográfica baixo o nome a Olladas do Camiño, así na sede do colectivo estarán expostas ata o 30 de setembro as instantáneas realizadas por persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual da entidade no Camiño de Santiago ao seu paso por Lugo, Samos e O Cebreiro.

Exhiben así o resultado do traballo realizado no marco deste proxecto de dinamización promovido por Down Lugo, que comezou en xullo cun obradoiro no que os 20 participantes aprenderon nocións técnicas. Despois puxéronas en práctica percorrendo estes concellos e fotografando algúns dos seus elementos patrimoniais máis representativos, como a Catedral ou a Muralla de Lugo, as pallozas do Cebreiro e o mosteiro de Samos. Posteriormente, en pequenos grupos seleccionaron e editaron as imaxes que agora expoñen.