Skip to main content
Lugo

Cáritas de Lugo recibe unha achega para familias vulnerables pola covid

Por 26 Setembro, 2021Sin comentarios

O colectivo Cáritas Diocesanas de Lugo recibirá unha achega directa e excepcional de 4.000 euros co obxectivo de financiar parcialmente programas dirixidos á cobertura de necesidades básicas de persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Segundo os estudos da entidade, a pandemia trouxo consigo o incremento notable do número de persoas en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión que demandan a cobertura de necesidades básicas como a alimentación e vivenda, subministracións enerxéticas, roupa e outros produtos de primeira necesidade.

Os cartos irán destinados a previr novas situacións de exclusión e brindar apoio ás familias que, nestes momentos, pasan por maiores dificultades derivadas da crise que orixinou a covid, poñendo un énfase especial no que ten que ver coa protección de menores.