Skip to main content
Lugo

Comeza a mellora da estrada do núcleo lucense de Seivane

Por 27 Setembro, 2021Sin comentarios

Comezaron os traballos de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Tirimol, no núcleo de Seivane, concretamente a que discorre xunto á Igrexa.

 Estas tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.

 A maiores destas obras, tamén se melloraron dúas estradas municipais en Pías, que parten da intersección da Estrada Provincial  LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo. Esta mesma semana realizaranse obras noutra situada no núcleo de As Tabernas, en Piugos.

 Todas estas obras, que contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020.