Skip to main content
Lugo

Acondicionan unha estrada municipal na parroquia lucense de Piugos

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

Deron comezo as obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas.

Estas tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.

A maiores destas obras, tamén se melloraron unha estrada municipal en Tirimol, no núcleo de Seivane, e dúas estradas municipais en Pías, que parten da intersección da Estrada Provincial  LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo.

Todas estas obras, que contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020, realízanse para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que realizou a veciñanza destas parroquias.