Skip to main content
Lugo

Lugo avanza no calmado de tráfico

Por 28 Setembro, 2021Sin comentarios

A área de Mobilidade inviste 38.357 nesta nova actuación, que se desenvolverá na avenida da Coruña, rúa Magnolia, rúa Juana la Loca e avenida Breogán

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou unha nova fase do plan de calmado do tráfico do Goberno de Lugo, que busca “un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza de toda a cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que destacou “a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando primeiro nas zonas escolares, e que agora continuamos a ampliar en novas zonas da cidade”.

Hoxe comezouse a executar a construción de novos pasos de peóns elevados na Avenida da Coruña, á altura do número 436, e avanzarase nos vindeiros días con intervencións na rúa Magnolia e Juana la Loca. Por último, instalaranse lomos de asno na Avenida Breogán.

Arroxo afirmou que “seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.