Skip to main content
Lugo

Os fondos Next Generation destinaranse á peonalización integral do casco histórico de Lugo

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

Queren completar o 15% da peonalización pendente creando unha rede peonil funcional, verde e accesible para a conversión do centro en Zona de Baixas Emisións.

O Concello de Lugo proxecta acometer a peonalización integral do casco histórico a través dos fondos europeos Next Generation co obxectivo de darlle un impulso final e converter o recinto amurallado nunha Zona de Baixas Emisións (ZBE), que son áreas que pretenden mellorar a calidade do aire e mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro, polo que mellorará a saúde da cidadanía e permitirá unha mellor conservación do patrimonio.

As ZBE serán unha obriga no 2023 para as cidades de máis de 50.000 habitantes tal e como recolle a Lei de Cambio Climático, e enmarcan estas accións no proceso da segunda transformación de Lugo. Esta metamorfosis persegue un cambio do modelo de cidade, “pero tamén da súa economía, e  sempre coa sostibilidade como motor de impulso”, inciden dende o Goberno municipal.  

O obxectivo que se persegue coas actuacións que se presentan á primeira  convocatoria dos fondos de recuperación europeos, aprobados en Xunta de Goberno Local, é completar o 15% pendente para a peonalización integral do casco histórico, xa  executada nun 85% con sucesivas actuacións a través de fondos europeos e de recursos  propios. “Crearemos, así, unha rede peonil íntegra entre murallas que será funcional, segura,  cómoda, accesible, atractiva e adaptada ao cambio climático”, explican, engadindo, ademais,  que “estamos a deseñar peonalizacións diferentes que inclúan maiores zonas de axardinamento  e arbolado, xa que o casco histórico é deficitario”.  

A rexedera lucense, Lara Méndez, explicou que a Zona de Baixas Emisións no recinto amurallado está configurada, ademais, como unha ‘supermanzana’ no Plan de Mobilidade e do Espazo Público  de Lugo, partindo do feito que destaca por acoller a sede de diferentes administracións públicas,  colexios e mercados, así como por ser o referente na cidade no ámbito turístico pola súa oferta  patrimonial e histórica e en calquera tipo de festa ou evento, ademais de estar considerado como  a zona cero do comercio da cidade.  

Así, a alcaldesa anunciou a presentación aos fondos Next Generation, na convocatoria de  creación de Zonas de Baixas Emisións, de dúas solicitudes, tal e como permite a orde do  Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana:  

  1. ZERO EMISIÓNS: Centro Corazón Verde, que inclúe catro accións intramurallas, e nas  que o investimento ascende a 5,9 millóns de euros, 4,4 millóns de subvención máis o  10% de financiamento municipal.  
  2. ZERO EMISIÓNS: Centro Arteria Verde, que inclúe dúas accións que permiten dar  continuidade á peonalización exterior do recinto amurallado, no que o investimento é de  3,6 millóns, 2,7 millóns de subvención máis o 10% de financiamento municipal.  

RECINTO AMURALLADO

As catro accións da solicitude ZERO EMISIÓNS: Centro Corazón Verde suporán actuar en  21.268 m2 dun total de 82.494 m2 de superficie que mide o recinto amurallado.  

Inclúen as peonalizacións, instalación de servizos, humanización e axardinamento:  

  • Entre a porta da muralla Bispo Odoario e Praza de Ferrol, nas rúas Montevideo, Bolaño  Rivadeneira, Ramón e Cajal, Quiroga Ballesteros (tramo comprendido entre Bolaño  Rivadeneira e San Froilán) e Amor Meilán (tramo comprendido entre Quiroga Ballesteros e  San Fernando). Superficie: 7.887 m2. Importe sen IVE: 1.808.235 € 
  • Praza de Ferrol, nas rúas Praza de Ferrol e San Fernando. Superficie: 7.055 m2. Importe sen  IVE: 1.499.635 €  
  • Praza de Santo Domingo e rúa Teatro. Superficie: 6.326 m2. Importe sen IVE: 1.198.910 €.  

As accións contemplan o deseño das rúas como plataformas únicas e con criterios de perspectiva de xénero, suprimindo as barreiras arquitectónicas tales como as beirarrúas ou  escaleiras, garantíndose a accesibilidade total e combinando a utilización de pavimentos  descontaminantes con outros nobres e naturais da zona. Ademais, se crearán rúas e prazas más  humanizadas, con mobiliario sostible e ampliando as zonas verdes, con axardinamento e  arborado, xeradores de aire puro e limpo, claves para mitigar o cambio climático. Así mesmo,  recollen a substitución dos elementos que forman parte das diferentes redes de servizos por  outros materiais máis sostibles. 

Por outra banda, poranse en marcha medidas de control da ZBE en todo o recinto amurallado,  por importe de 416.000 € sen IVE, como a instalación de sensores e medidores de calidade do aire.  

“Estas actuacións complementarán e ampliarán as medidas que xa estamos a pór en marcha co  fin de acadar a Zona Baixa de Emisións como é a instalación dun novo sistema de control  intelixente de accesos, por lector de matrícula, co obxectivo de cambiar a regulación do tráfico  rodado co fin de restrinxir aínda máis a súa circulación, axilizar as entradas e saídas e reducir o  tempo de estancia, ou a creación dunha APP municipal coa información das prazas libres nos  estacionamentos públicos.”, avanzou .  

PEONALIZACIÓN

En canto á segunda solicitude ZERO EMISIÓNS: Centro Arteria Verde, inclúe dúas accións, coas que o executivo municipal quere darlle continuidade á peonalización cara o exterior do  recinto amurallado para acadar contornas más integradas e coherentes. Son as seguintes:  

  • Humanización da praza da Constitución, que afecta á praza Constitución e ás rúas Cidade  de Vigo e Alcalde Ángel López Pérez. Superficie: 8.615 m2. Importe sen IVE: 2.240.000 €.  

A proposta de renovación urbana desta praza ten por obxecto a súa conversión nun amplo  parque público, que manteña os elementos que a caracterizan, pero ampliando e rexenerando  este espazo histórico a través da eliminación do tramo asfaltado da Avenida Alcalde Anxo López  Pérez así como do conxunto de illotes e zonas destinadas ao tráfico de vehículos, que se  constituirán en tramos de plataforma única con tráfico restrinxido e entrada ao aparcadoiro  subterráneo.  

O mesmo pasará cos tramos de calzada de asfalto da parte da rúa da Cidade de Vigo que atravesa o lado nordés da praza, e o situado no lado sueste, fronte ás fachadas do antigo Cárcere e da Estación de Autobuses, entre a Rúa Cidade de Vigo e a Avenida Alcalde Anxo  López Pérez.  

  • Peonalización da Mosquera. As subvencións da Orde Ministerial permite incluír obras que se  inclúan nos obxectivos de rebaixa dos niveis de contaminación e mellorar a calidade de aire  que iniciasen o proceso licitación despois do 1 febreiro do 2020 e que non culminasen a data  de inicio da convocatoria, como é o caso desta actuación.