Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

O Concello de Monterroso inicia mañá as festas de San Miguel

Por 23 Setembro, 2021Setembro 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monterroso organiza as festas de San Miguel que darán comezo o venres 24 de setembro.

“Este ano serán distintas pola situación que se está a vivir pero aínda así podremos festexalas con sentidiño e respetando escrupulosamente todas as medidas na programación”, din dende o Concello.

“Dada a situación económica, este ano decidíuse que as festas serán organizadas con fondos municipales e ca axuda económica doutras administracións sen pedir cuotas a ningún negocio nin a ningún veciño”, engaden.

Así, comezarñan ás 21.30 horas do venres no salón de actos coa presentación do libro Ama en esencia, e o sábado haberá animación polas rúas da vila a cargo da charanga Ardores e unha actuación de Paco Nogueiras na Cúpula ás 17.30 horas.

O domingo día 26 haberá pasarrúas polos bares pero nesta ocasión a cargo da charanga Louban.

Por último, o día 29, o propio día de San Miguel volverá a animación polas rúas coa charanga Niloverde, e despois poderase desfrutar de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas da mostra de Kinetiko no escenario da Cúpula.

Ás 12.00 horas será a misa, ás 19.00 horas chegará a actuación da orquestra Los Players e xa ás 22.00 horas o espectáculo Circo de lume.