Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei oferta servizo de madrugadores para este curso

Por 23 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei oferta para este novo curso escolar un servizo de madrugadores para os nenos escolarizados no Ceip Palas de Rei.

É unha proposta pensada para axudar na conciliación familiar para aqueles pais e nais que queiran deixar aos seus fillos e fillas, antes do inicio da xornada lectiva.

O servizo funciona a partir das 8.00 horas ata o inicio das clases e os participantes poderán acudir de forma diaria ou ocasional. Conta cun prezo de 10,48 euros ao mes e os cativos deberán levar o almorzo da casa.