Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda Caducada

Chega a VIII edición das xornadas micolóxicas no Courel

Por 15 Setembro, 2021Outubro 25th, 2021Sin comentarios

Volven as xornadas micolóxicas no Courel coa súa VIII edición. Así pois, o 23 e 24 de outubro de 2021, coa colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus na xornada do sábado e da Asociación Galega de Custodia do Territorio para explicar a paisaxe e o medio na xornada do domingo, levarase a cabo esta tradicional cita.

Desta maneira, a xornada comezará o sábado 23 de outubro ás 10 horas cunha reunión e saída ao campo cos monitores. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, realizaranse charlas divulgativas e a identificación de cogomelos. Para rematar o día, farase a cea tradicional.

O domingo 24, pola súa beira, será o turno da ruta guiada e explicaranse diferentes aspectos relacionados coas paisaxe e o medio natural que nos rodea. A finalización das xornadas producirase ás 14.30 horas.

Así mesmo, hai que lembrar que as prazas son limitadas e que é preciso a inscrición previa.