Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda Caducada

Fin de semana de concertos en Chantada

Por 20 Setembro, 2021Outubro 16th, 2021Sin comentarios

Esta fin de semana, Chantada énchese de música coas actuacións de Luar na Lubre e da charanga Unión Phenosa.

Así pois, o grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará este sábado 24 de setembro en Chantada. A cita levarase a cabo na praza do Cantón ás 20 horas e faranse todas as medidas sanitarias correspondentes.

Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.

O domingo, 25 de setembro, será o turno da charanga Unión Phenosa, que poñerá o ritmo e o ambiente festivo. A actuación celebrarase ás 20 horas e de novo será na praza do Cantón.