Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

O CB Chantada revalida o título de campión da Copa Galicia

Por 12 Setembro, 2021Setembro 13th, 2021Sin comentarios

Volveu o deporte a Chantada e, desta vez, volveu da man do baloncesto. Así pois, o partido da final da Copa Galicia non puido gozarse no Pavillón Polideportivo Municipal de Chantada, sen embargo, si que se puido seguir polas redes sociais e por YouTube.

Así mesmo, o CB Chantada converteuse, desta maneira, en campión da Copa Galicia tras gañar no día de onte ao Porriño BB no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro da Estrada.

Desta forma, o equipo chantadés consegue a súa quinta Copa Galicia despois desta vitoria por 63 a 56, na que primou a intensidade e o acerto.