Skip to main content
Chantada

A Asociación de Manuel Jorge de Chantada organiza unha exposición sobre o artista

Por 3 Setembro, 2021Sin comentarios

Esta é a última fin de semana na que se poderá gozar da exposición Manuel Jorge. Seis décadas de retratos, organizada pola Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada.

O pintor e arquitecto chantadés non parou de crear ao longo da súa vida e grazas a este tipo de iniciativas, é agora que continuamos viaxando polo extenso da súa obra pictórica que ven dende o levante deica a vila de orixe do artista.

Así pois, poderase visitar en diferentes horarios no auditorio do Concello de Chantada. En primeiro lugar, o venres o horario é de 19 a 21 horas; o sábado é de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas e, finalmente, o domingo é de 12 a 14 horas.

A exposición pódese visitar de xeito gratuíto e é unha forma de coñecer o estilo e a diferente traxectoria que tivo o autor chantadés.