Skip to main content
Chantada

Chantada oferta actividades de ocio para maiores

Por 6 Setembro, 2021Setembro 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada retoma de novo as actividades de ocio gratuítas dirixidas a maiores. Neste caso, ofértanse cursos de pintura en tea e en óleo nos que será precisa a inscrición.

Estas actividades son propostas do Concello para que os maiores non só reforcen as súas capacidades, senón que reforcen a súa esfera emocional para prever a inactividade, a fraxilidade e a soidade na medida do posible.

Así pois, para inscribirse é preciso anortarse nos Servizos Sociais de Chantada -no 982 462 299- en horario de mañá -de 8.30 a 14.30 horas- ata o vindeiro 9 de setembro, coa finalidade de poder configurar os grupos. Unha vez finalizado este proceso comunicaranse os días e os horarios que se iniciarán, nun primeiro momento, o 15 de setembro.