Skip to main content
Chantada

Chega a Chantada unha xornada do programa O Camiño, un espazo de diálogo

Por 9 Setembro, 2021Sin comentarios

O 18 de setembro celebrase en Chantada a segunda xornada do programa O Camiño, un espazo de diálogo, tras a celebrada en agosto en Belesar. Nesta quenda a ruta será entre Penasillás e o Monte do Faro, e poderase reservar praza na Casa da Cultura ou chamando ao 982 44 17 52 ata o 16 de setembro.

Así pois, a cita comezará ás 9 horas coa saída en bus dirección Penasillás dende a Alameda de Chantada. A continuación, de 10 a 14 horas, realizarase unha andaina comentada do Camiño de Inverno, na que participan Miguel López Fernández, Alberto Ledo, Xavier Viana e Juanjo Álvarez.

Ás 13.30 horas será o turno dun petisco con produtos autóctonos no lugar de Penasillás e, seguidamente, realizarase unha actuación da banda de gaitas municipal. Unha vez chegado á vila, de 16 a 18 horas, realizaranse unha serie de parladoiros ao redor do Camiño, no Auditorio municipal.

O primeiro titúlase Nos camiños do Concello, por Ramón Otero e o segundo Cando as amigas van de romaría. As cantigas de romaría e a recepción da lírica trobadoresca nas terras de Chantada, por Tania Vázquez.