Skip to main content
Chantada

Xornada no Camiño de Inverno á altura de Chantada o sábado

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 18 de setembro celébrase outra xornada no Camiño de Inverno que pasa por Chantada. Esta vez será por Penasillás cunha andaina comentada, con petiscos autóctonos e coa música da Banda de Gaitas de Chantada durante a mañá.

Pola tarde haberá parladoiros no Auditorio Municipal a partir das 16 horas con Monte da Roda e con Tania V. García.

Ademais, é preciso inscribirse, algo que se pode realizar ata o 16 de setembro na Casa da Cultura de Chantada ou no número de teléfono 982 44 17 52 -en horario de 9 a 15 horas-.

Unha xornada diferente, con música, deporte, gastronomía e diferentes actividades das que se poderán gozar, nun ambiente festivo e ameno.