Skip to main content
Chantada

Chantada acolle a exposición Tecendo rede, tecendo lembranzas

Por 14 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada acolle a exposición fotográfica Tecendo rede, tecendo lembranzas; que abre Afachantada Asociación de Alzheimer -Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias en Chantada- e promovida pola Federación Alzheimer Galicia (Fagal).

A mostra estará aberta do 16 ao 21 de setembro e o que se pretende con esta exposición é poñer en valor o traballo que as Asociacións realizan en toda Galicia ante a proximidade do Día Mundial do Alzheimer, que será o 21 de setembro.

Así mesmo, nese día a exposición chegará ao seu fin para desprazarse a Afamon -afamonforte-. Todas as persoas que queiran ver esta exposición podeno facer na Casa da Cultura en Chantada.