Skip to main content
Chantada

A Casa da Música de Chantada informa da posibilidade de inscribirse en linguaxe musical

Por 30 Setembro, 2021Sin comentarios

Dende a Casa da Música de Chantada informan que durante este próximo curso haberá varios grupos de linguaxe musical para persoas adultas.

Desta maneira e, aínda que o prazo de inscrición xa pechou, se estás interesado ou interesada en asistir, podes contactar no enderezo electrónimo secretariaesmu@gmail.com. Esta materia é gratuíta sempre que xa se estea matriculado nalgunha materia con instrumento.

Por outra beira, hai que lembrar que o novo curso 2021-2022 comeza no día de mañá na Casa da Música de Chantada.