Skip to main content
Monforte

A celebración dos 25 anos da Coral Polifónica de Monforte terá que esperar a 2022

Por 2 Setembro, 2021Setembro 3rd, 2021Sin comentarios

Dende o Concello de Monforte anuncian que para o ano que vén se levarán diferentes actos para festexar o 25 aniversario da Coral Polifónica de Monforte -no caso de que a pandemia o permita-.

Este anuncio ven motivado porque a Coral Polifónica monfortina alcanzou neste ano 2021 os vinte cinco anos da súa fundación, pero debido á situación sanitaria derivada da pandemia doa covid, “non podemos levar a cabo os actos conmemorativos que tiñamos previstos para este ano”, aclarou o rexedor municipal, quen tamén informou de que “dende o inicio desta crise sanitaria, a Coral Polifónica non puido levar a cabo os seus ensaios con normalidade, nin tampouco celebrar as actuacións que habitualmente se inclúen no seu calendario anual.”

Actos conmemorativos do XXV aniversario da Coral Polifónica de Monforte

O 25 aniversario da Coral será celebrado cun concerto especial no que, ademais da actuación da propia Coral Polifónica de Monforte, contarase cunha Coral de prestixio que será anunciada no seu momento.

Neste acto conmemorativo, levarase a cabo recordo moi especial cos integrantes xa desaparecidos da Coral, así como con aqueles que a deixaron.

Actividades artísticas:

Ó longo do 2022, dende o Concello organizarase unha exposición fotográfica a modo de retrospectiva dos 25 anos da Coral, na que se incluirán fotos das actuacións máis destacadas, das viaxes efectuadas, dos grupos e corais coas que se fixeron concertos conxuntos, etc.

Do mesmo xeito, tamén se proxectarán diversos vídeos recopilatorios das diferentes actuacións da Coral ó longo destes anos.

XXV anos da Coral Polifónica de Monforte

José Tomé fixo tamén un repaso polos 25 anos de historia da Coral, que foi fundada en marzo de 1996, sendo o seu primeiro director Xoan Antón Vazquez Casas. En maio de 1997, faise cargo Fernando Sanmartino Pérez, que na actualidade compaxina a dirección da Coral coa actividade de director do Conservatorio e da Banda de Música do Concello de Monforte.

A Coral está integrada actualmente por 50 voces mixtas e seu repertorio inclúe Música Sacra, Música Popular Galega, Panxoliñas, Habaneras, etc.

No seu haber, nestes 25 anos de historia, a Coral realizou un total de 238 actuacións, das cales 143 foron na cidade de Monforte e 81 repartidas entre localidades de Galicia (como Cee, Ribadeo, Marín, Pontedeume, Mondoñedo, O Grove), Asturias (Cudillero, Mieres, Villaviciosa, Candás) ou Castela e León (Zamora, León).

Tamén destacan as 14 prestixiosas actuacións en diversos países europeos como Suíza, Francia, Italia, Dinamarca, Alemania, Suecia, Bélxica ou Portugal.
En música Sacra, destacan as súas actuacións na Catedral de Tui, en Nosa Señora das Neves, ou en San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. No ano 1999 gravou o seu primeiro CD de polifonía variada.