Skip to main content
Monforte

Continúan os paseos en barca polo río Cabe en Monforte

Por 6 Setembro, 2021Setembro 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte de Lemos continúa a ofertar os paseos en barca polo río Cabe. Así pois, o Concello xa anunciou os horarios do mes de setembro para poder gozar desta actividade.

Desta maneira, do 1 ó 30 de setembro, de luns a venres, realizaranse entre as 17 e as 21 horas. No caso dos fins de semana e festivos, o horario será de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

O Club de Montaña e Piragüismo Quixós encárgase da xestión desta actividade, ofrecendo viaxes, dunha duración de media hora, cun custe 3,25 euros, como en anos anteriores.

Os paseos en barca contarán cunha serie de normas de seguridade e hixiene ante o covid19 que deberán ser seguidas polos seus usuarios, que deberán atender tamén ás recomendacións dos encargados do servizo.