Skip to main content
Monforte

Monforte organiza dúas visitas guiadas á zona de ámbito xudío

Por 15 Setembro, 2021Setembro 16th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte continúa este mes de setembro coas actividades arredor da Xornada Europea da Cultura Xudía-Diálogos, logo de que o sábado día 11 a cidade saía do nivel máximo de restricións por mor da covid19.

Deste xeito, o vindeiro domingo 19 de setembro haberá dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa do Comercio 6) ás 11.30 e ás 18 horas.

As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración de hora e media. As prazas para realizar as visitas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras poboacións, á Asociación Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2021 xira arredor da palabra Diálogo, a través da cal propón difundir e promover narrativas positivas que resalten a contribución dos xudeus europeos a unha Europa máis plural e inclusiva.

A Xornada Europea da Cultura 2021 celebrará este ano una das súas edicións máis ambiciosas baixo o paraugas do proxecto NOA (Networking Overcoming Antisemitism), asociación de redes que ten por obxectivo combater o antisemitismo en Europa mediante a avaliación das políticas dos estados membros da UE en diversas áreas, desde a educación ata a cultura e a seguridade, co fin de axudarlles a desenvolver plans de acción integrais para abordar e previr o antisemitismo.