Skip to main content
Monforte

O luns 20 abre o prazo de inscrición na Escola de Danza de Monforte

Por 19 Setembro, 2021Setembro 20th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte anuncia que a partir do vindeiro luns 20 de setembro abrirase o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza de dito Concello para o curso 2021/22.

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10 e as 13 horas, ou ben en horario de tarde entre as 16 e as 18 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:
https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion

Dende o Concello infórmase que os/as alumnos/as terán que cumprir estritamente as normas do protocolo de adaptación ao contexto da covid19 indicadas na circular informativa, que se lles entregará no momento da inscrición.

Especialidades ofertadas en danza: danza tradicional galega (a partir de 5 anos), danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos), ballet clásico (a partir de 5 anos).

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza. Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada. Todas as persoas interesadas, poderán tamén informarse no 982 40 38 93.