Skip to main content
LugoMonforte

Caixa Rural Galega fai entrega das doazóns da Volta en Verde

Por 24 Setembro, 2021Sin comentarios

Con motivo do paso da Volta a España por Galicia, Caixa Rural  Galega, xunto ao equipo ciclista Caixa Rural-Seguros  RGA, lanzaron un reto sostible e solidario nas súas redes sociais por cada unha das tres etapas que discorreron por Galicia. Así, se se conseguían 1.000 “gústame”, estes transformaríanse nunha doazón de 2.000€ para unha institución ou proxecto con carácter social ou sostible. A Asociación Prodeme, a Fundación Amigos de Galicia e a Cociña Económica de Santiago de Compostela foron as beneficiarias destes retos. Ademais, estas accións contaron coa inestimable colaboración duns padriños moi notorios que deron difusión aos retos que nos tres casos foron superados. Así para o reto da etapa con meta en Monforte colaborou Salva Arco, ex-xogador e do Breogán e actual responsable da sección social do club lucense. A etapa con meta en Mos contou coa colaboración de Óscar Pereiro, ex-ciclista profesional cun Tour de Francia no seu  palmarés e natural da localidade. Co reto da etapa final con meta en Santiago de Compostela colaborou Jorge Coira, guionista e director de cinema.

A Asociación Prodeme recibiu a doazón en mans da súa presidenta Dolores Diéguez nas súas instalacións de Monforte de Lemos, coa presenza de Salva Arco, padriño do reto, José Manuel López, Director Comercial e Borja Rodríguez, Director da oficina de Monforte de Lemos de Caixa Rural Galega.

A Fundación Amigos de Galicia recibiu a súa doazón nas súas instalacións de Lugo coa presenza do seu Director Xeral Jesús Busto e coa Presenza de Jesús  Mendez, Director Xeral de  Caixa Rural Galega e José Manuel López, Director Comercial onde ademais se repartiron mochilas con material escolar que foi el destino del importe doado.

O administrador Javier Bage e a Directora de Cociña Sor Alicia Lourido recibiron a doazón a favor da Cociña Económica de Santiago de Compostela da man de Yolanda Vaamonde e Pedro Pita da oficina de Santiago de Compostela de Caixa Rural Galega.

Todos os beneficiarios mostraron o seu agradecemento pola colaboración e a visibilidade que lles  supuxo a acción, así como aos padriños pola súa implicación para alcanzar os retos e así conseguir as doazóns.

As visitas serviron para coñecer de primeira man as actividades destas institucións con fins sociais, cuxa actividade posiblemente non é do todo coñecida e recoñecida pola sociedade pero que desempeñan un labor fundamental de apoio aos máis desfavorecidos, xa sexa por cuestións de saúde ou dunha situación económica vulnerable.

ASOCIACIÓN PRODEME

Situada en Monforte de Lemos, o seu fin básico responde á necesidade de dar resposta á problemática das persoas con discapacidade psíquica, calquera que sexa o seu grao, idade ou sexo, promovendo e xestionando apoios e servizos personalizados ao longo do ciclo vital, que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.