Skip to main content
Monforte

Continúan as citas teatrais en Monforte

Por 27 Setembro, 2021Sin comentarios

Monforte de Lemos acolle o vindeiro xoves 7 de setembro o espectáculo de teatro O premio.

A actuación, protagonizada por Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar, é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premio como única fórmula de conseguir a felicidade.

Así mesmo, a actuación non é sempre igual xa que existen tres finais posibles en función do desexo do público. A cita levarase a cabo no edificio multiusos de Monforte de Lemos, ás 20.15 horas.

Ademais, hai que lembrar que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para gozar dunha actuación amena e segura.