Skip to main content
Monforte

Publicada a lista de persoas admitidas nas escolas deportivas de Monforte

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

O pasado mércores 22 de setembro finalizou o prazo para presentar a solicitude de participación no programa de escolas deportivas municipais curso 2021 – 2022 do Concello de Monforte de Lemos.

Unha vez feita a revisión da documentación presentada polas persoas interesadas en participar, pódese consultar o listado de admitidos e admitidas.

A oferta deportiva feita polo Concello de Monforte para este curso conta cun incremento importante no número de prazas, xa que moitas das actividades duplicaron o número de grupos ofertados, con respecto á tempada anterior.

En particular, a modalidade de ioga pasa de 2 a 3 grupos, a modalidade de ximnasia de mantemento pasa de 2 a 4 grupos, a modalidade de tai chi pasa de 1 a 2 grupos e a modalidade de zumba para adultos pasa de 1 a 2 grupos.

No momento do peche das inscricións a porcentaxe de prazas cubertas sitúase no 67 %, de xeito que aínda quedan prazas dispoñibles en diferentes modalidades coma: ximnasia de mantemento, tai chi e zumba -modalidade de adultos- e pádel e golf -modalidade de nenos e nenas-.

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles poderano facer presentando a documentación requirida no rexistro do Concello.

A actividade das escolas deportivas municipais curso 2021 – 2022 dará comezo o vindeiro luns 4 de outubro.

Todas as persoas con praza poderán comezar as clases na data e no horario indicado para cada actividade. As persoas que queiran renunciar a algunha das prazas concedidas deberán poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Deportes antes do inicio das clases.