Skip to main content
Pantón

Aberta a exposición do VI Concurso de fotografías Red Ribeira Sacra en Pantón

Por 6 Setembro, 2021Sin comentarios

A exposición do VI Concurso de fotografías Red Ribeira sacra-Viticultura heroica continúa aberta na Casa da Cultura de Pantón ata o 30 de novembro de 2021.

Os horarios de visita son de luns a venres, de 10 a 20 horas e os sábados de 10 a 13 horas. Ademais, hai que lembrar que a entrada é libre e que se levan a cabo as medidas sanitarias correspondentes.

A organizadora é Mar López Sotelo, unha investigadora independente e realizadora de estudos etnográficos da Ribeira Sacra. Xunto a ela, colabora o Concello de Pantón.

Así mesmo, xa está aberta a convocatoria para a VII Edición.