Skip to main content
A Pobra do Brollón

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música Samoeiro

Por 7 Setembro, 2021Setembro 8th, 2021Sin comentarios

A Escola de Música Municipal Samoeiro na Pobra do Brollón prepárase para o novo curso cunha oferta de nove materias, entre as que se inclúe como novidade deste ano clases de guitarra. O prazo de matrícula estará aberto dende o 6 ata o 28 de setembro.

En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos.

Ademais das materias xa mencionadas, ofértanse clases de baile tradicional galego, acordeón, gaita, percusión tradicional, frauta e piano.

Poden matricularse persoas residentes tanto na Pobra do Brollón como noutros concellos. O prezo anual da matrícula nunha materia son 90 euros. Para cada materia adicional, son 45 euros. Ademais hai un prezo reducido para membros dunha mesma unidade familiar.

A matrícula realízase de xeito presencial na biblioteca municipal, na Casa da Cultura Olga Novo, en horario de 11 a 13.30. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546.