Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón anuncia as paradas do punto limpo móbil

Por 14 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón anuncia as próximas paradas que realizará o punto limpo móbil en setembro para que os veciños e veciñas interesados poidan desfacerse de xeito seguro de residuos coma: aceite usado de cociña, medicamentos caducados, pilas e pequenas baterías, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, envases baleiros de pinturas, lacas e vernices e tóner e cartuchos de impresora.

As paradas do punto limpo móbil comezarán en Eixón, do 13 ao 15 de setembro. Así mesmo, continuarán no Piño, do 16 ao 19 de setembro; despois pasará por Óutara, do 20 ao 22; logo por Canedo, do 23 ao 26 de setembro e, finalmente, por Pacios, do 27 ao 30 de setembro.

Unha boa maneira de reciclar e de desfacerse de todos aqueles residuos de maneira segura.