Skip to main content
A Pobra do BrollónBóvedaO Incio

Ofértase un novo obradoiro de emprego no Incio, na Pobra do Brollón e en Bóveda

Por 24 Setembro, 2021Sin comentarios

Preséntase para 2021-2022 un novo obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e a Pobra do Brollón para 20 alumnos/as traballadores/as, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.

O concello promotor é Boveda, en convenio cos concellos de O Incio e A Pobra do Brollón. A duración do obradoiro será de 9 meses a xornada completa. As datas previstas son dende o 15 de outubro de 2021 ata o 14 de xullo de 2022.

As especialidades formativas a impartir son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que será de 7 alumnos/as e que se realizará na Pobra do Brollón e, por outro lado, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, que ten unha oferta de 13 alumnos/as e que se levará a cabo nos Concellos de Bóveda e O Incio.

As entrevistas para a selección de persoal serán na Casa consistorial do Concello de Bóveda. Serán o 11 de outubro para alumnos/as e o 13 de outubro para director/a, monitores/as e administrativo/a. As horas das entrevistas están por confirmar.

A documentación presentarase o día da selección de persoal. Os alumnos/as previamente terán que estar inscritos na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos.

Para máis información e apoio na preparación da documentación, poden contactar antes do xoves 7 de outubro nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón en horario de 8 a 14.30 horas, ou no teléfono 982 430 001.

Requisitos dos/as aspirantes

Pertenza ao ámbito territorial do Concello da Pobra do Brollón.

A idade dos candidatos será de 18 ou máis anos e non poderán padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que corresponden ao posto convocado.

A situación laboral será desempregado/a, inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e dispoñibles para o emprego, debendo cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e o aprendizaxe dende a súa incorporación ao proxecto.

Dado que este obradoiro é de nivel de calificación 1, non se requiren requisitos formativos específicos de acceso. Será motivo de exclusión ter cursada a especialidade formativa que se programa neste obradoiro.

Terán preferencia aquelas persoas interesadas que non participasen en obradoiros de emprego nos últimos cinco anos anteriores ao presente, situándose ao final da lista por orde de puntuación obtida, aqueles que non cumpran este requisito.

Tamén terán preferencia as persoas que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego, e dentro destas, aquelas que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral.

Sistema de selección

O sistema de selección será o concurso, previa tramitación de oferta de emprego ante o Servizo de Emprego Público de Galicia na Oficina de emprego de Monforte de Lemos sita na rúa San Pedro, na que deberán estar inscritos.