Skip to main content
A Pobra do Brollón

O festival As Cores do Outono chega o 16 e 17 de outubro

Por 30 Setembro, 2021Outubro 1st, 2021Sin comentarios

O vindeiro 16 e 17 de outubro de este ano, A Pobra do Brollón volve tinguirse das Cores do Outono. O festival, que chega coa súa sétima edición, contará con actuacións de baile, teatro, poesía e concertos, entre moitos máis.

Ata o momento, tan só se confirmou a presenza da artista Teresa Ferreiro que traerá unha sesión de DJ o sábado 16 de outubro ás 13.30 horas. Unha actuación que amenizará o vermú e que se completará con moitos outros eventos na mañá e na noite, dos que se irá informando.

Para este concerto xa se pode reservar sitio na terraza do 1º de maio, no número de teléfono 982 430 134.

Así pois, nestes próximos días continuarán desvelándose as diferentes propostas para o festival As Cores de Outono, no que primará a diversión e a seguridade.