Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil conta con dous incendios activos e unhas 220 hectáreas queimadas

Por 6 Setembro, 2021Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello de Ribas de Sil, parroquia homónima. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Rairos.

Así pois, o Concello xa rexistra dous incendios. O primeiro, iniciado no día de onte ás 21.42 horas na parroquia de Nogueira, onde o lume afecta a unha superficie provisional dunhas 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 5 técnicos, 16 axentes, 30 brigadas, 26 motobombas, 4 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Por outro lado, atópase outro rexistrado ás 12.47 horas do día de hoxe. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 80 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 2 técnicos, 3 axentes, 12 brigadas, 5 avións e 7 helicópteros. Tamén está solicitada a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).