Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda Caducada

A compañía Píscore chega a Sober cun Concerto singular

Por 18 Setembro, 2021Setembro 20th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober acolle o vindeiro domingo 19 de setembro o espectáculo Concerto singular, a cargo da compañía Píscore. Así pois, a cita levarase a cabo ás 19 horas na praza do Toural de Sober.

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achega a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar a público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.