Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXATaboada

O Taboada CF anima a xogadores a formar parte da súa canteira

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

O Taboada CF busca xogadores nados entre o 2003 e o 2008 -entre os 13 e os 18 anos- para formar parte da canteira. Neste caso, quérense completar as categorías de xuvenil, cadete e infantil da base.

Por iso, dende o equipo branquiazul animan a todos aqueles que o desexen a poñerse en contacto co número de teléfono 657 110 781 (Jacobo) para máis información ou para vir probar.