Skip to main content
Sarria

Sarria acolle mañá dúas actuacións

Por 11 Setembro, 2021Setembro 28th, 2021Sin comentarios

Sarria celebra este domingo unha xornada festiva con dúas actuacións que se levarán a cabo pola mañá. Así pois, o domingo 12 de setembro chega a música e o teatro a unha xornada dirixida a todos os públicos.

Desta maneira, a primeira actuación que se realizará ás 12 horas na praza da vila de Sarria é o espectáculo teatral Os Romeiros do caracol, a cargo de Fantoches Baj. A cita está dirixida ao público infantil que poderá gozar desta actuación atopada dentro do programa Cultura no Camiño.

Posteriormente, será o turno da banda de música de Vilalba que actuará na Sociedade Cultural A Unión de Sarria, ás 13.30 horas. Esta actuación atópase dentro do programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.