Skip to main content
Axenda CaducadaO Páramo

O Páramo acolle mañá o espectáculo de teatro Astrolabios

Por 16 Setembro, 2021Setembro 19th, 2021Sin comentarios

Tarabela Creativa chega ao Páramo co espectáculo Astrolabios, unha sesión de contos para público familiar a partir de 5 anos onde se aprenderá os nomes das estrelas, as súas agrupacións en constelacións, a mitoloxía tras delas, os ciclos da lúa, a súa influenza nas mareas e nos tempos da terra, entre moitas outras.

Sempre que sexa posible, levarase a cabo unha sesión-acampada, para facer da intemperie o observatorio, un planetario que temos a diario. Se o clima non deixa, acamparase dentro e vivirase a emoción do descubrimento do ceo en proxección.

A actuación é de unha hora de duración e celebrarase ás 12 horas o vindeiro venres 17 de setembro. Desta maneira, o espectáculo farase no campo da feira e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.