Skip to main content
Sarria

Convocada a XXI edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

Por 15 Setembro, 2021Outubro 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitas convocan a 21 edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. O prazo de presentación de orixinais remata o 23 de outubro de 2021.

Así pois, as obras presentadas deberán estar escritas en lingua galega e ter unha extensión mínima de 500 versos. Ademais, os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.

O premio do certame é de 6.000 euros e está suxeito á normativa fiscal vixente. Así mesmo, o premio poderá quedar deserto se o xurado considera que non se alcanza unha calidade mínima nas obras. Por outra beira, hai que sinalar que o xurado estará formado por persoas de prestixio no mundo da creación e crítica literaria.

Dende a organización animan á participación desta nova edición do certame. Para máis información pódese consultar a web do Concello de Sarria ou contactar no número de teléfono 982 535 000.