Skip to main content
Láncara

Láncara quere aumentar os servizos á infancia

Por 17 Setembro, 2021Setembro 18th, 2021Sin comentarios

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, recolleu o diploma da Casa Niño As pegadas máis enxebres, coa que o Concello colabora xa que as instalacións que a albergan son municipais.

Actualmente o Concello de Láncara conta con dúas Casas Niño que se fan insuficientes ante a gran demanda que hai. De feito, no Concello contan con 47 nenos e nenas en idades comprendidas entre 0 a 3 anos.

Ante a gran demanda existente o Concello de Láncara levará unha proposta ao pleno para reiterar á Xunta de Galicia a construcción dunha galiña azul na Pobra de San Xiao.

Dende o Concello tamén se vai facer chegar unha carta á casa dos nenos e nenas en idades comprendidas entre 0 e 3 anos para que todos aqueles pais, nais e titores que o desexen poidan anotarse para traer os nenos e nenas dúas horas semanais ao Espazo de Familias, que se levará a cabo no local da pranta baixa da Casa Consistorial e que será totalmente gratuíto para as familias.