Skip to main content
Sarria

A AC Peleriños abre as aulas de música e de baile tradicional

Por 20 Setembro, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural Peleriños de Sarria volve a súa actividade con clases de música e baile tradicional neste ano 2021-2022. Así pois, o comezo do curso realizarase no mes de outubro en diferentes datas dependendo da clase.

No caso do baile infantil e adultos e de música infantil, as clases comezarán o venres 8 de outubro, no caso das clases de canto e pandeireta, o inicio realizarase o martes 19 de outubro e, finalmente, as clases de gaita e percusión adultos comezarán o sábado 2 de outubro.

Por outra beira, os horarios tamén dependen da clase á que se vaia e do nivel de cada persoa. Os martes, no Breogán, realizaranse as clases de canto e pandeireta de adultos; de 20.30 a 21.30 será o turno das clases de iniciación e de 21.30 a 22.30 horas serán as clases de perfeccionamento.

Nas tardes dos venres, o local aínda está por determinar, sen embargo, os horarios aproximados xa están publicados. Música tradicional infantil realizarase en varios grupos nos que as clases serán a diferentes horas. O primeiro grupo ten horario de 16 a 16.50 horas -este xa está completo-, o segundo grupo será de 16.50 a 17.40 horas e o terceiro será de 17.40 a 18.30 horas.

No caso do baile infantil ocorre o mesmo que coa música tradicional, polo que haberá varios grupos e horarios ao longo da tarde. O primeiro grupo, que xa ten aforo completo, ten un horario de 16.50 a 17.40, o segundo é de 17.40 a 18.30 horas, o terceiro é de 18.30 a 19.20 horas e o último é de 19.20 a 20.20 horas.

A continuación, nas noites dos venres haberá clases de baile para adultos no breogán e haberá dous horarios: de 20.30 a 21.30 horas e de 21.30 a 22.30 horas. Finalmente, os sábados, de novo no Breogán, realizarase unha clase de gaita e percusión para adultos de 18.30 a 20.30 horas.

Todas as persoas que estean interesadas en inscribirse ou que teñan algunha dúbida, poden contactar no 693 299 292, chamada telefónica polas tardes ou WhatsApp todo o día.