Skip to main content
Paradela

Volven as festas patronais a Castro de Rei de Lemos, en Paradela

Por 28 Setembro, 2021Setembro 29th, 2021Sin comentarios

Volve a música e as festas patronais un día máis a Paradela. Sen embargo, desta vez a cita celebrarase na parroquia de Castro de Rei de Lemos, que levará a cabo as súas festas patronais o vindeiro domingo 3 de outubro.

Así pois, a xornada contará coa tradicional misa ás 13.30 horas e, a continuación, a banda de música de Paradela será a encargada de amenizar a cita e de crear un ambiente festivo a través da súa música.

Esta actuación celebrarase na igrexa, ao rematar a misa. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para gozar dunha xornada segura e de lecer.